nesta entrada do meu blog vou compartir a miña experiencia coa programación en Python. Durante este período, empreguei varias Intelixencias Artificiais como apoio nas miñas prácticas.
O meu obxectivo foi entender os conceptos principais da programación con python, para facer algún programa sencillo con axuda da IA. Descubrín que, ben utilizadas, son de gran axuda para comprender conceptos e resolver problemas.
O papel da IA na miña aprendizaxe
As IA actuaron como recursos complementarios no meu traballo con Python. Principalmente, axudáronme a:
- Clarificar conceptos: Pedía explicacións sobre funcións ou estruturas de Python que non comprendía.
- Asistencia na depuración: Ao atopar erros no código, a IA axudábame a identificar posibles causas e suxerir solucións.
- Xerar ideas e fragmentos: Cando necesitaba un punto de partida, consultaba as IA para obter suxestións de código.
Proxectos prácticos desenvolvidos
Aquí resumo algunhas das prácticas que realicei:
Práctica 1: Calculadora con botóns
Desenvolvemento dunha calculadora con operacións fundamentais. A IA axudoume a implementar funcións e a manexar erros como a división por cero.
Práctica 2: Xogo de adiviña o número
Creación dun programa que elixe un número aleatorio do 1 ao 100 e da pistas de se é maior ou menor, para poder adiviñalo. A IA orientoume sobre como facer que elexira números aleatorios, coa biblioteca random.
Práctica 3: Representador de gráficas
Desenvolvemento dun programa que representa a función que ti elixas. A IA axudoume a que o programa puidera facer as gráficas.
Conclusión
Programar con Python, apoiado polas IA, foi unha experiencia instrutiva. Permitiu desenvolver o meu pensamento lóxico e a resolución de problemas. A IA é unha ferramenta valiosa para a aprendizaxe, sempre que se use de forma consciente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario